|
Lugar : Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, Bilbao, EspañaConclue o prazo para participar no XII Certame de PoesÃa 'Anduriña Voandeira'Galicia en el Mundo
Fecha: jueves, 10 de mayo de 2012
Hora: 20:00
Duración: Sin duración
A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convoca o XII Certame de Poesía 'Anduriña Voandeira' para obras escritas en lingua galega. O prazo límite de admisión de obras é o 10 de maio de 2012 ás 20,00 h., cunha dotación de 600 € para o primeiro premio e de 150 € para o segundo. Más información:
BASES: I . Poderán participar todos os autores/as de calquera nacionalidade que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega. II . Os traballos non terán unha extensión superior a cen versos e deberán ser inéditos. III . O presente Concurso está dotado cos seguintes premios: IV . As obras mecanografadas por unha sola cara e a dobre espazo, enviaranse por correo, sen remite, á Irmandade de Centros Galegos en Euskadi R/. Pablo Picasso, nº4 - 48012 Bilbao De cada obra mandaranse cinco copias. A presentación farase polo procedemento de lema e plica. V . O prazo de admisión das obras rematará o día 10 de maio ás vinte horas. A resolución farase pública o Día de Galicia en Euskadi a celebrar o 16 de xuño de 2012 en Sestao, e as obras premiadas poderán ser publicadas nas revistas dos Centros Galegos en Euskadi. VI . A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi reservará os dereitos de publicar as obras premiadas cando lle conveña, sen prexuízo de que o autor/a tamén as poida publicar. VII . O feito de participar neste concurso supón a aceptación total destas Bases. |
||||||||